Co noso servizo de mantemento de placas solares para negocios, terás unha revisión anual preventiva da instalación solar para poder detectar calquera anomalía a tempo. Estaremos ao teu lado as 24 horas do día os 365 días do ano co noso servizo de asistencia telefónica. E, se o precisas,un técnico acudirá ao teu negocio, no caso de avaría, fallos no funcionamento, desconfiguración dos inversores ou da conexión wifi coa nosa asistencia técnica ou servizo de reparacións se a túa instalación fotovoltaica non funciona.
Lembra que te atenderemos telefonicamente a calquera hora e día do ano e, no caso de precisar unha visita presencial, contactaremos co técnico asignado en menos de 3 horas dende a recepción para concertar a cita e, en menos de 48 horas en horario laboral, estaremos no teu negocio. Este servizo inclúe o desprazamento e as 3 primeiras horas de man de obra cun máximo de 2 visitas presenciais por vixencia de contrato.
Ademais, cando a túa instalación de placas solares para empresas fose realizada por Naturgy, ofrecémosche asistencia para xestionar a garantía dos teus equipos.
Servizo dispoñible para clientes cuxa instalación fotovoltaica non teña unha instalación eléctrica con potencia superior a 10 kW.
Coa instalación de placas solares (potencia< 10 kWp) de Naturgy, terás o servizo de mantemento e reparación para empresas totalmente gratuíto o primeiro ano, sen custo adicional. Para a tranquilidade da túa instalación, o noso equipo de Naturgy ocuparase da instalación de placas e da contratación deste servizo.