Seguridade na túa instalación de gas e electricidade

Seguridade na túa instalación de gas e electricidade

Coñecer e comprender os riscos asociados ás instalacións de gas e electricidade é necesario para mellorar a seguridade. Para eliminar fontes de risco, abonda con aplicar a normativa vixente e seguir un conxunto de boas prácticas.

Consellos de seguridade para instalacións de gas

Consellos de seguridade para instalacións de gas

  • Mantemento: As instalacións de gas deben manterse en bo estado mediante inspeccións periódicas.
  • Ventilación: As redes de ventilación e as saídas de gas non deben obstruírse baixo ningún concepto.
  • Prevención: As chaves de paso deben pecharse en ausencias prolongadas para evitar accidentes.
  • Garantía: A instalación só pode ser modificada por unha empresa autorizada.

Notas olor a gas? Sigue os seguintes consellos!

  • Abre porta e ventá para que o local quede ben ventilado.
  • Non manipules aparatos eléctricos nin interruptores.
  • Non xeres chamas, faíscas, e non fumes.
  • Pecha os mandos dos aparatos de gas e a chave xeral de paso.
  • Segue ulindo a gas? Chama o noso teléfono de urxencias 900 750 750.
  • Sae do edificio e espera a que acudamos a inspeccionar a túa instalación.

Consellos de seguridade para instalacións eléctricas

Consellos de seguridade para instalacións eléctricas

Comprobación

  • É aconsellable que o interruptor xeral e o cadro de mandos se sitúen en puntos de doado acceso.
  • A tensión dos electrodomésticos e dispositivos informáticos ha de ser a axeitada.
  • É conveniente que as luces estean lonxe de paredes e cortinas.
  • O diferencial debe funcionar correctamente. Pola contra, é necesario poñerse en contacto cun instalador electricista autorizado.

Manipulación

  • Electrodomésticos ou dispositivos informáticos: de manipular equipos eléctricos, é necesario apagalos primeiro e logo desenchufalos tirando da caravilla illante, nunca do cable.
  • Interruptores automáticos: é aconsellable non manipular os interruptores automáticos para que funcionen libremente en caso dun fallo na instalación.
  • Conexións múltiples: sempre debe usarse un enchufe para cada receptor co fin de evitar sobrequentamento.

Precaucións

  • Os aparatos con cables pelados, caravillas rotas ou enchufes deteriorados non deben usarse.
  • Se un dispositivo dá cambra, bota fume ou desprende un cheiro raro, chama un técnico especialista.
  • As pantallas e os percorridos de cable non deben colocarse xunto a focos de calor.
  • Evita tocar os equipos eléctricos coas mans ou os pés mollados.
  • Recorda que en caso de incidencia debe cortarse a electricidade.