Que é e que fai Entreculturas?
A Fundación Entreculturas-Fe y Alegría é unha ONG de Desenvolvemento, que nace no Sur hai 55 anos, e cre na educación como instrumento de desenvolvemento, transformación, cambio social e diálogo entre culturas. Desenvolvemos proxectos de infraestrutura educativa, dotación escolar, formación de docentes, formación técnica, educación a distancia, e programas de Dereitos Humanos e Educación para a Paz. A nosa contabilidade é auditada anualmente por unha empresa externa. Fundación Lealtad analiza e avala a nosa transparencia na actividade. As institucións doantes controlan o destino das súas achegas e avalían as nosas accións conxuntas.
Proxecto:
100 bolsas para Estudantes de Secundaria de Ruanda
Durante máis de 14 anos, a poboación congolesa sufriu as consecuencias da guerra e tivo que refuxiarse en Ruanda. Desde entón, Entreculturas apoiou e acompañou esta poboación no sector da educación, desde a infantil á secundaria. O proxecto que lles presentamos solicita fondos para outorgar bolsas a 100 alumnos e alumnas de maneira que poidan finalizar os seus estudos de secundaria. Estes cen mozos con idades comprendidas entre os 15 e os 17 anos beneficiaranse das bolsas que se outorgarán de maneira equitativa entre mozos e mozas.
Cada bolsa anual por alumno ten un custo de 255 euros. A bolsa cobre o pagamento da taxa escolar, material escolar e gastos médicos.
Grazas a estas bolsas os 100 mozos poderán terminar a secundaria e terán maiores oportunidades no mercado laboral.
Entreculturas necesita o teu apoio para levar a educación a Ruanda!
Como podes colaborar?
- Facendo unha transferencia ás contas que Entreculturas habilitou:
- Santander: 0049 0496 83 2010200200
- BBVA: 0182 4000 620010008001
- Doando os teus euros Naturgy chamando ao teléfono 900 100 251.