Política de cookies

Que son as cookies?
As cookies son pequenos arquivos de datos que se envían ao ordenador do usuario, teléfono móbil ou outro dispositivo de acceso on-line, cando un usuario visita unha determinada páxina web. As cookies permiten obter información relativa á súa navegación e poden utilizarse para recoñecer o usuario.

Informámolo de que este sitio web pode utilizar cookies no seu equipo a condición de que vostede dese o seu consentimento, agás nos supostos nos que as cookies sexan necesarias para a navegación polo noso sitio web. En caso de que vostede preste o seu consentimento, poderemos utilizar cookies que nos permitirán ter máis información acerca das súas preferencias e personalizar o noso sitio web de conformidade cos seus intereses individuais.


Quen é o responsable?
O sitio web
www.naturgy.es é titularidade de Naturgy Clientes, S.A.U. (en diante, ‘’Naturgy’’). Esta web utiliza cookies ou tecnoloxías similares propias e de terceiros que almacenan e recuperan información cando o usuario navega.

  • Ascookies propias son aquelas cookies que se envían ao seu equipo terminal e que foron creadas ou xestionadas dende Naturgy.

  • As cookies de terceiros son as administradas por prestadores de servizos alleos a Naturgy. Coñece as cookies de terceiros.


Que tipos de cookies usamos?
A continuación, detallámoslle as diferentes cookies que utilizamos. En Naturgy estamos especialmente sensibilizados co respecto á súa privacidade. Por iso, recordámoslle que vostede pode aceptar ou rexeitar a utilización de cookies para cada unha das categorías a través do .

  • Segundo o prazo de tempo que as cookies permanecen activadas no seu equipo:

    • As cookies de sesión están deseñadas para recoller e almacenar datos mentres o usuario accede ao sitio web. Adóitanse utilizar para almacenar información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado polo usuario nunha única ocasión e desaparecen ao terminar a sesión.

    • As cookies persistentes son un tipo de cookie na que os datos seguen almacenados no terminal e aos que se pode acceder e tratar durante un período definido polo responsable da cookie, que pode variar duns minutos a uns anos.

  • Segundo a finalidade da cookie:

    • As cookies técnicas son necesarias para permitir que vostede poida navegar a través deste sitio web, utilizando as diferentes opcións ou servizos que neste existen. Por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, recordar os elementos que integran un pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, etc.

    • As cookies analíticas permiten medir a actividade no sitio web, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que vostede fai do servizo. Por exemplo, avaliar as páxinas máis visitadas, a experiencia de interacción co usuario ou a cuantificación dos impactos dos anuncios.

    • As cookies de personalización permiten acceder ao servizo con determinadas características que poden diferenciar a súa experiencia da doutros usuarios. Por exemplo, definir o idioma, o fondo de pantalla, as seccións marcadas como favoritas e o tipo de navegador a través do cal se accede ao servizo.

    • As cookies de publicidade permiten ofrecer ao usuario publicidade personalizada segundo os seus hábitos de navegación, así como medir a efectividade das nosas campañas online. Por outra parte, permiten a Naturgy a xestión dos espazos publicitarios incluídos no noso sitio web.

COOKIE

HOST

TIPOLOXÍA

DURACIÓN:

FINALIDADE

J_SESSIOND

www.naturgy.es

Técnica

Sesión

Identificar a sesión do usuario

J_SESSIONID_PORTAL

www.naturgy.es

Técnica

Sesión

Identificar a sesión do usuario

SS_X_JSESSIONID

www.naturgy.es

Técnica

Sesión

Identificar a sesión do usuario

gnf_user_accepts_cookies

www.naturgy.es

Técnica

12 meses

Identificar se o usuario aceptou as cookies

gnf_user_preferences

www.naturgy.es

Técnica

12 meses

Recordar a configuración de cookies seleccionada polo usuario

gnf_idioma

www.naturgy.es

Personalización

12 meses

Identificar o último idioma de navegación do usuario

Hotjar

www.hotjar.com

Analítica

https://help.hotjar.com/hc/en-us/articles/115011789248-Hotjar-Cookie-Information

Google Optimize

www.google.com

Analítica

https://support.google.com/optimize/answer/6292487?hl=es

Google Analytics

www.google.com

Analítica

https://developers.google.com/analytics/devguides/collection/analyticsjs/cookie-usage?hl=es

Facebook

https://www.facebook.com

Publicidade

https://www.facebook.com/policies/cookies/

VWO

https://vwo.com/

Publicidade

https://help.vwo.com/hc/en-us/articles/360033990873



Como podo bloquear ou permitir as cookies no meu navegador?
Recomendámoslle que consulte a axuda do seu navegador para informarse das diferentes opcións sobre como xestionar as cookies.
A continuación, incluímos vínculos dos navegadores máis comúns, para poder realizar a xestión das cookies:

Así mesmo, recordámoslle que pode utilizar o modo de navegación privada no seu navegador, polo que o seu navegador deixará de gardar o historial de navegación, as cookies e outra información do sitio web.


Tratamento de datos de carácter persoal

  • Datos do responsable do tratamento:

Os datos identificativos do responsable do tratamento, Naturgy Clientes, S.A.U., son os que figuran a continuación:
NATURGY CLIENTES, S.A.U.
Avenida de América, 38.
28028 Madrid.
CIF: A-A67760876.
Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 36955, folio 1, folla M-660799, inscrición 1ª.

  • Datos do Delegado de Protección de Datos:

Para garantir a adecuada xestión no tratamento dos seus datos persoais, Naturgy Clientes, S.A.U. dispón dun delegado de Protección de Datos. Os datos de contacto son os seguintes:

- Enderezo Postal: Plaça del Gas, 1 - C.P. 08003 Barcelona.

- Correo electrónico: dpd-dpo@naturgy.com

  • ​Base xurídica do tratamento:

A base xurídica do tratamento dos seus datos é o seu consentimento, que poderá xestionar e revogar a través do , así como o apartado "Como podo bloquear ou permitir as cookies no meu navegador?"

  • Finalidades do tratamento:

Os seus datos persoais serán tratados coas finalidades indicadas para cada unha das cookies.
Neste sentido, se vostede consente o uso da información obtida a través das cookies para fins de publicidade, realizarase un seguimento da súa navegación para mostrarlle publicidade baseada nos seus intereses a partir dun perfil elaborado sobre a base da devandita navegación.

  • Período de conservación dos datos:

Os datos serán tratados durante o tempo que permanezan vixentes as autorizacións de uso outorgadas por vostede. De acordo coa normativa de protección de datos, estes datos serán conservados para os únicos efectos de cumprir as obrigas legais requiridas a Naturgy, e para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións.

  • Política de privacidade:

Recomendámoslle que consulte a nosa Política de privacidade para obter máis información acerca do tratamento de datos que realizamos, así como a forma de exercer os seus dereitos e reclamacións ante o delegado de Protección de Datos de Naturgy ou a autoridade de control correspondente.


Transferencias a terceiros países
O tratamento dos datos realízase, con carácter xeral, por prestadores de servizos situados dentro do Espazo Económico Europeo ou en países que foron declarados cun nivel adecuado de protección.
Vostede pode informarse das transferencias a terceiros países que, se é o caso, realizan os terceiros identificados na presente política de cookies, a través das ligazóns facilitadas na descrición das finalidades das cookies de terceiros.

Actualizacións e cambios na Política de cookies
O noso sitio web www.naturgy.es pode modificar esta Política de cookies en función de novas esixencias lexislativas, regulamentarias ou coa finalidade de adaptar a devandita política ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos.
Cando se produzan cambios significativos na Política de cookies, comunicarase ao usuario mediante un aviso informativo na páxina web.