Novas contratacións

L-V de 8:00 a 22:00 h
S de 9:00 a 14:00 h
(horario peninsular)

Consulta nuestro horario de atención a la contratación.

L-S de 8:00 a 22:00 h
(horario peninsular)

Chámanos gratis. Ou déixanos o teu teléfono e chamámosche.

O número introducido é incorrecto. Por favor, inténteo de novo. Grazas. Chámame

Atención ao cliente

L-S de 8:00 a 22:00 h
(horario peninsular)

Ola
Área de clientes
Batería Virtual Solar
  •  

    Rendibiliza ao máximo a túa instalación solar e achega a túa factura a 0 €.

  •  

    Utiliza os teus excedentes onde e cando queiras.

  •  

    100 % dixital a través da túa Área Clientes.

Batería Virtual Solar

Para rendibilizar o teu autoconsumo ao máximo, lembra solicitar previamente a compensación de excedentes!

0.06 €/día

(sen impostos)

0 €/día a partir do 03/02

Como funciona a Batería Virtual Solar?

Como funciona a Batería Virtual Solar?

A Batería Virtual Solar permíteche rendibilizar ao máximo a túa instalación solar ao converter a enerxía que producen as túas placas solares, e que non utilizas, nun maior aforro na túa factura.

Funciona como un moedeiro virtual co que acumulas saldo en euros pola enerxía producida que non consumiches e que non pode ser compensada na factura debido ao límite imposto pola lexislación vixente. Deste xeito, podes achegar a túa factura de enerxía a 0€.

Para poder contratar a Batería Virtual Solar, debes solicitar previamente a compensación de excedentes. Se aínda non a tes, entra aquí e solicítaa.

Vantaxes da Batería Virtual Solar

Vantaxes da Batería Virtual Solar

Reduce a túa factura cos € acumulados

O saldo almacenado na Batería Virtual aplícase, por defecto, de forma automática nas facturas das subministracións asociadas.

Benefíciate en calquera das túas vivendas

Elixe en que vivenda aplicar os teus euros acumulados e o importe que desexes aplicar.

Xestiónaa dende a túa Área Clientes

Consulta o teu saldo acumulado de forma áxil e sinxela en calquera momento e lugar.

Sen permanencia

Se non se adapta ás túas necesidades, poderás darte de baixa sen penalización.

Cal é o prezo da Batería Virtual Solar?

Cal é o prezo da Batería Virtual Solar?

Batería virtual

  • Tipo Tarifa
Prezos sen impostos Prezos con impostos
Prezo por día
0,060000 €/día
Prezo por mes
1,800000 €/mes

A partir do 03/02/2025, goza do servizo sen ningún custo.

Para poder activar o servizo de Batería Virtual, debes ter un contrato de electricidade activo en Naturgy coa modalidade de autoconsumo con compensación simplificada de excedentes tamén activada.

 Poderás utilizar o saldo dispoñible para compensar o importe das próximas facturas por orde cronolóxica de emisión e ata conseguir que o importe que tes que pagar sexa cero (incluído tamén o importe doutros servizos contratados con Naturgy, así como calquera outro concepto incluído na factura).

Poderás consultar o teu saldo, os últimos movementos da Batería Virtual, así como todas as subministracións asociadas ao servizo na túa Área Clientes.

Consulta o resto de condicións aquí

Naturgy calculará o importe resultante de multiplicar os kWh de excedentes (enerxía xerada e non autoconsumida) polo prezo vixente en cada momento. O prezo poderá ser revisable mensualmente.

  • Ata o 2/02/2025 (incluído): o prezo será de 0,110 €/kWh sen impostos e de 0,1331 €/kWh co IVE do 21 %.
  • A partir do 3/02/2025 (incluído): o prezo será de 0,07 €/kWh sen impostos e de 0,0847 €/kWh co IVE do 21 %.

O resultado restarase do valor económico da enerxía consumida da rede no período de facturación. En ningún caso, o valor económico da enerxía excedentaria poderá ser superior ao valor económico da enerxía consumida da rede no período de facturación.

A Batería Virtual é compatible con todas as tarifas de empresas. Non é compatible coa Tarifa Plana.

A túa factura de luz coa Batería Virtual de autoconsumo

A túa factura de luz coa Batería Virtual de autoconsumo

Explicámosche a túa factura de luz coa Batería Virtual Solar

 

 

Importe para cargar na Batería Virtual Solar: É o importe xerado por compensación de excedentes que non se puido compensar en factura debido ao tope regulatorio e, por iso, engádese ao saldo da batería virtual que se aplicará nas próximas facturas.

Utilización da cota virtual: É o importe acumulado do saldo da túa batería virtual que se desconta do total da factura, de forma automática ou manual, segundo decidises.

Cota Batería Virtual Solar: É o custo asociado á contratación da Batería Virtual.

 

Contrata a túa tarifa de luz con Batería Virtual Solar

Contrata a túa tarifa de luz con Batería Virtual Solar

Así de doado, dámosche a benvida a Naturgy!

Tarifa de luz con Naturgy

Confirma a tarifa de luz da que dispós.

Autoconsumo con compensación

Verifica que a túa tarifa de luz está acollida á modalidade de compensación.

Contrata a Batería Virtual Solar

Completa os teus datos persoais.

Revisa, confirma e goza

 Así de doado!

Preguntas frecuentes sobre
a Batería Virtual de autoconsumo

Preguntas frecuentes sobre
a Batería Virtual de autoconsumo

A Batería Virtual Solar é o noso servizo dixital que maximiza o rendemento da túa instalación solar, o que che permite rendibilizar o 100 % da enerxía xerada e achegar a túa factura a 0 €. Funciona coma un peto dixital que che permite acumular saldo en euros pola enerxía producida, non consumida nin compensada, polo límite da regulación vixente (RD 244/2019). Este saldo poderás aplicalo de forma doada e flexible ao pagamento do importe global das túas facturas, xa foren de luz, de gas ou de servizos, e tanto da túa vivenda onde teñas as placas solares coma noutras subministracións das cales sexas o titular.

Poderás elixir entre dous posibles modos de xestión para utilizar o saldo. O que se asigna por defecto é o modo automático: neste, o saldo dispoñible utilizarase para compensar o importe das túas facturas por orde cronolóxica de emisión e ata conseguir que o importe que tes que pagar sexa cero (inclúe tamén o importe doutros servizos contratados con Naturgy, así como calquera outro concepto incluído na factura). Alternativamente, poderás elixir o modo manual, a través do cal, dende a Área Clientes, poderás indicar o importe que desexas aplicar e o enderezo de subministración sobre a que aplicar ese importe, cada vez que queiras utilizar o saldo dispoñible.

Dende a Área Clientes, accedendo á sección de Batería Virtual Solar, tamén poderás consultar o saldo dispoñible e os teus movementos, e cambiar o modo de xestión do saldo.

Para gozar do servizo de Batería Virtual, cómpre dispoñeres de:

  • Unha tarifa de luz contratada con Naturgy (ten en conta que a tarifa plana e os plans con cota fixa non son compatibles con autoconsumo). Se dispós dunha tarifa non compatible só tes que solicitar un cambio da túa tarifa á Tarifa Solar ou á Tarifa por Uso.
  • Placas solares legalizadas.
  • A modalidade autoconsumo con compensación de excedentes activada.

Na túa factura con excedentes e Batería Virtual, verás os conceptos habituais das facturas de luz (https://www.naturgy.es/hogar/ayuda/entiende_tu_factura) e outros novos.

Se no período facturado xeraches excedentes que non foron consumidos, aparecerache na túa factura o concepto “Compensación excedentes”, onde verás o número de kW que hai que compensar e o importe que hai que descontar do período facturado. Estes excedentes están limitados pola regulación vixente RD 244/2019. A modo resumo, non poderán ser superiores ao importe do consumo de enerxía vertido á rede.

Ademais, coa contratación da Batería Virtual, poderás acumular saldo en euros polos excedentes non consumidos nin compensados; polo tanto, aparecerán máis conceptos novos. Baixo o concepto “Cota Batería Virtual”, verás o custo asociado á contratación da Batería Virtual. En “Importe para cargar na Batería Virtual”, verás a cantidade xerada pola compensación de excedentes que non puido aplicarse directamente na túa factura debido a límites regulatorios; polo que se cargan á túa Batería Virtual.

Finalmente, o concepto "Utilización da Batería Virtual" fai referencia ao saldo da túa Batería Virtual utilizado para aboar a factura, xa for de xeito automático ou manual, dependendo da túa elección.

Podes consultar en calquera momento o saldo dispoñible na túa Batería Virtual e os movementos da túa conta na túa Área Clientes web e Área Clientes móbil.

O importe almacenado na Batería Virtual e non utilizado terá unha caducidade de 5 anos dende a data de emisión da última factura que contribuíse a incrementar o saldo da batería.

Se dás de baixa o teu contrato de electricidade con compensación de excedentes, incluíndo o traspaso a outra comercializadora, o cambio de titularidade ou o cambio de modalidade de autoconsumo a unha modalidade sen compensación de excedentes, o contrato do servizo de Batería Virtual darase de baixa e deixarase a cero o teu saldo dispoñible na batería.

Si. Podes darte de baixa do servizo de Batería Virtual en calquera momento. A partir da baixa do servizo, deixarase de cobrar a cota mensual e deixarase a cero o teu saldo dispoñible na batería. (Deixarase un período de 45 días durante o cal se utilizará o saldo para pagar as posibles facturas de enerxía que se emitan neste período, antes de cancelar o saldo).

Batería Virtual Solar

0,06 €/día (sen impostos, 0 €/día a partir do 3/02)

Rendibiliza a túa instalación de autoconsumo

Ver prezos

Batería Virtual Solar

0,06 €/día (sen impostos, 0 €/día a partir do 3/02)

Rendibiliza a túa instalación de autoconsumo

Ver prezos