Consellos sobre
calefacción
Consellos sobre
calefacción
Solucións de calefacción eficiente
Como aforrar en calefacción?
Como aforrar en calefacción?
O consumo de calefacción é o gasto enerxético máis elevado nunha comunidade de
veciños. Se queres reducir o importe das facturas, abonda con que modifiques
certos hábitos de consumo. Notarás significativamente aforro en calefacción.
Hábitos de consumo
Hábitos de consumo
- Recorda aos veciños que poñan a calefacción entre 19 ºC e 21 ºC e entre 16 ºC a 18 ºC para durmir. Por cada grao máis de calefacción aumenta o consumo enerxético un 7 %..
- Recorda aos veciños que purguen os radiadores periodicamente, xa que o aire acumulado dificulta a transmisión da calor ao exterior.
- Pecha as chaves dos radiadores dos espazos que non se utilicen habitualmente e mantén a porta pechada.
- En inverno, para airear os espazos, é suficiente con abrir portas ou ventás uns 10 minutos.
- Realiza un mantemento periódico das caldeiras e os equipos de calefacción de gas natural para garantir a súa máxima eficiencia.
Medidas tecnolóxicas
Medidas tecnolóxicas
Solucións eficientes
- Caldeiras de condensación: son as máis eficientes do mercado. O seu alto rendemento amortiza o sobrecusto da súa instalación nun período de entre 5 e 8 anos.
- Gasóleo ou fuel óleo: a súa eficiencia permite aforrar ata un 36% na túa instalación de calefacción. Outras opcións, como a biomasa, tamén supoñen un grande aforro.
- Sistemas con caldeira centralizada: é importante que cada veciño coñeza o seu consumo. Instala un sistema de repartición de custos para usar de xeito máis eficiente a enerxía.
- Termóstato programable.
Illamento
- Illa correctamente as canalizacións que distribúen a calor para que non haxa perdas de enerxía.
- Illa correctamente a fachada e a cuberta do teu edificio para reducir o consumo en calefacción.
- Illa correctamente as ventás para evitar perdas de enerxía.
Gasconfort
Gasconfort
Solucións con gas natural para a túa comunidade